O papel da humanidade na extinción de especies e as súas causas
Os seres humanos son os únicos individuos que dende o seu orixe foron capaces de modificar o proceso evolutivo, pero sen ter en conta as cadeas tróficas e as consecuencias destas alteracións.
Co paso dos anos, as poboacións humanas expandense e alteran o medio natural, producindo a perda da biodiversidade.
Deste modo a mediados do século XXI, unha cuarta parte das especies do planeta extinguiranse, o que provocará unha alteración nas cadeas tróficas.
Actividades humanas que reducen a diversidade biolóxica
-A agricultura e a gandería: uso constante de pesticidas e introdución do monocultivo de productos comerciais.
-Piscicultura: alteración de lugares naturais de reprodución ou crianza e introdución de especies exóticas nos ecosistemas acuáticos naturais.
-Actividades forestais: construción de vías de acceso, explotación forestal intensiva e establecemento de industrias para produtos forestais.
-Transporte: construción de camiños, canles, pontes, ferrocarrís...
-Dragado e recheo en terras húmidas, costeiras ou interiores.
-Desviación da auga, inundacións ou outras transformacións de áreas naturais, que alteran ou modifican o hábitat dalgunhas especies.
-Proxectos industrais, que normalmente contaminan a auga, o aire e o solo.